Por que en UDC e UVigo?
En 2018, máis da metade da poboación mundial está conectada dunha ou outra forma a Internet. A Rede trouxo consigo máis interdependencia e oportunidades, pero con elas tamén máis vulnerabilidade e inseguridade.
A ciberseguridade comprende como disciplina o conxunto de principios, técnicas e regulacións que impiden o uso malicioso dos datos, as máquinas ou a información, e converteuse por elo nunha das prioridades tecnolóxicas do noso tempo. O Máster Interuniversitario en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e extensa neste campo, desde os fundamentos ás aplicacións, desde os mecanismos á lexislación, e desde os conceptos aos problemas reais das empresas. O programa formativo consta de 90 ECTS, divididos en tres semestres; un primero ano de clases presenciais, a elexir entre as sedes de A Coruña e Vigo, e un último semestre adedicado ás prácticas en empresas e o traballo final de gradación.
A misión do máster é formar profesionais de alta cualificación en todo os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital. O profesorado pertence ás áreas de Enxeñería Telemática, Teoría da Sinal e Comunicacións, Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Enxeñería de Sistemas e Dereito Penal das dúas universidades, e compleméntase coa contribución de destacados profesionais de empresas do sector en Galicia e o compromiso destas en apoiar as prácticas dos estudantes.
Este Máster está incluído na base de datos oficial do programa CyberHEAD (Cybersecurity Higher Education Database) de ENISA (European Union Agency for Cybersecurity). O programa CyberHEAD é a maior base de datos validada sobre educación superior en materia de ciberseguridade nos países da UE (Unión Europea) e da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio), permitindo aos futuros estudantes tomar decisións ben fundamentadas sobre as diversas traxectorias académicas dispoñibles en materia de ciberseguridade, ao tempo que conecta as mellores universidades coas demandas do mercado en ciberseguridade.
En resumo
- 1. Formación avanzada técnica, de xestión e xurídica en ciberseguridade
- 2. Coñecementos previos: cursos básicos universitarios de programación
- 3. Ensinanza orientada á resolución de problemas aplicados
- 4. Idiomas: material docente en inglés; tres materias completamente en inglés
- 5. Interuniversitario: UDC + UVigo
- 6. Toda a información en www.munics.es
Comisión Inter-universitaria Máster
- • Presidenta: Ana Fernández Vilas (coordinadora Máster UVIGO)
- • Secretario: Francisco Javier Nóvoa de Manuel (coordinador Máster UDC)
- • Responsable da Calidade en UVIGO: Ana María Cao
- • Representante profesorado UVIGO: Manuel Fernández Veiga
- • Representante profesorado UDC: José Carlos Dafonte Vázquez
- • Representante secretaría académica: Julio Fernández Cid (Posgrao UVIGO)
Colaboradores
- • Empresas colaboradoras e bolsas de empresa. Ligazón directa a Colaboradores do Máster.