Axenda
25 Mai
O día 25 de maio publícanse na web os horarios para o curso 2026/2027. Ver detalles no apartado Horarios
19 Out
A Cátedra R en Ciberseguridade convoca os VII Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC (premios aos mellores traballos académicos e de investigación no ámbito da ciberseguridade). Prazo de presentación de candidaturas ata o 28 de outubro de 2025. Máis información e formulario de inscrición no siguiente enlace
Novidades
Evento do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura e en Streaming. Organizado pola amtega. Inclúe a entrega dos Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC aos mellores TFG, TFM, TD e TI en Ciberseguridade. Mais información na seguinte ligazón.
Curso 2025-2026: Finalizado o segundo prazo de matrícula, aínda hai prazas dispoñibles na sede de UDC e UVIGO. Podes inscribirte no terceiro prazo, !esperámoste!. Mais información no apartado Admisión.
¿Por que estudar no MUniCS?
Un programa de estudos completo, exixente e extenso
Oportunidades de colaboración coa industria e de colaboración entre investigación e empresas en diferentes campos
Unha formación xeral seguida dunha amplia formación práctica no laboratorio e nas empresas asociadas
Un entorno de estudo e traballo aberto á colaboración entre varias disciplinas
Unha orientación ás aplicacións da ciberseguridade en contornas reais
Alta cualificación en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital
Este Máster está incluído na base de datos oficial do programa CyberHEAD (Cybersecurity Higher Education Database) de ENISA (European Union Agency for Cybersecurity). O programa CyberHEAD é a maior base de datos validada sobre educación superior en materia de ciberseguridade nos países da UE (Unión Europea) e da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio), permitindo aos futuros estudantes tomar decisións ben fundamentadas sobre as diversas traxectorias académicas dispoñibles en materia de ciberseguridade, ao tempo que conecta as mellores universidades coas demandas do mercado en ciberseguridade.