Admisión - Curso 2023/2024

A inscripción en MUniCS realizaráse no portal de auto-matrícula das Universidades participantes (Universidade de Vigo - matricula.uvigo.es e a Universidade da Coruña - guía preinscrición). O proceso de admisión realizarase de forma separada en cada unha das dúas sedes, a partir dos candidatos inscritos en cada unha de delas, para cubrir unha oferta de 20 prazas por sede.

Para o proceso de inscripción, o candidato necesitará aportar a siguiente documentación:

  1. DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA: DNI/Pasaporte; Título de acceso e certificación académica de devandito título.
  2. DOCUMENTACIÓN OPCIONAL: CV actualizado; Certificación de experiencia profesional; Cartas de recomendación, de motivación e calquera outra documentación relevante para o proceso de selección.

Novedad CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA DO CURSO 2023/2024:

Opcionalmente, os aspirantes a realizar o Máster poderán pre-inscribirse nas dúas sedes de forma simultánea. No caso de ser admitidos nas dúas sedes, o aspirante realizará a matrícula nunha das sedes deixando unha vacante na outra sede que será cuberta con candidatos en lista de espera.

CRITERIOS

Os criterios específicos de admisión ao Máster serán, por orde de prevalencia:

  1. A titulación de acceso dos solicitantes
  2. O expediente académico
  3. A experiencia profesional

Terán preferencia na admisión quenes posúan un título de grao relacionado directamente coas tecnoloxías da información e as comunicacións por cualquera universidade do EEES, seguidos por quenes posúan un título de grao en disciplinas científicas básicas (Matemáticas, Física ou estudos afins), e istos terán preferencia sobre cualquera outro título académico. A experiencia profesional previa no ámbito da seguridade informática poderá ser utilizada pola comisión Académica do Máster como criterio adicional para decidir as admisións, así como tamén, se se considera necesario, a entrevista persoal coas personas solicitantes para calibrar debidamente a súa aptitude e motivación. Non se establecen complementos formativos de ningunha clase para as persoas que non se adecúen significativamente aos criterios de admisión anteriores.

O baremo de puntuación para a admisión é o seguiente:

  • Estudos de acceso e expediente académico: 60%
  • Expediente académico: 30%
  • Experiencia profesional: 10%

As titulacións de acceso ordenaránse segundo a siguiente prelación:

  1. Máster Universitario en Informática e Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicacións ou os seus equivalentes LRU (Enxeñaría de Telecomunicación e Licenciatura ou Enxeñaría en Informática).
  2. Grao en Enxeñaría Informática e Grao con atribucións profesionais en Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións, na rama Telemática, ou os seus equivalentes LRU.
  3. Grao con atribucións profesionais en Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións, en outras ramas e graos “brancos” en Telecomunicacións ou os seus equivalentes LRU.
  4. Outras titulacións de Enxeñaría, Matemáticas ou Física.
  5. Outras titulacións en función da decisión da Comisión Académica do Máster en Ciberseguridade (CAMC)