Por que en UDC e UVigo?
En 2018, máis da metade da poboación mundial está conectada dunha ou outra forma a Internet. A Rede trouxo consigo máis interdependencia e oportunidades, pero con elas tamén máis vulnerabilidade e inseguridade.
A ciberseguridade comprende como disciplina o conxunto de principios, técnicas e regulacións que impiden o uso malicioso dos datos, as máquinas ou a información, e converteuse por elo nunha das prioridades tecnolóxicas do noso tempo. O Máster Interuniversitario en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e extensa neste campo, desde os fundamentos ás aplicacións, desde os mecanismos á lexislación, e desde os conceptos aos problemas reais das empresas. O programa formativo consta de 90 ECTS, divididos en tres semestres; un primero ano de clases presenciais, a elexir entre as sedes de A Coruña e Vigo, e un último semestre adedicado ás prácticas en empresas e o traballo final de gradación.
A misión do máster é formar profesionais de alta cualificación en todo os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital. O profesorado pertence ás áreas de Enxeñería Telemática, Teoría da Sinal e Comunicacións, Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Enxeñería de Sistemas e Dereito Penal das dúas universidades, e compleméntase coa contribución de destacados profesionais de empresas do sector en Galicia e o compromiso destas en apoiar as prácticas dos estudantes.
En resumo
- 1. Formación avanzada técnica, de xestión e xurídica en ciberseguridade
- 2. Coñecementos previos: cursos básicos universitarios de programación
- 3. Ensinanza orientada á resolución de problemas aplicados
- 4. Idiomas: material docente en inglés; tres materias completamente en inglés
- 5. Interuniversitario: UDC + UVigo
- 6. Toda a información en www.munics.es
Comisión Inter-universitaria Máster
- • Presidenta: Ana Fernández Vilas (coordinadora Máster UVIGO)
- • Secretario: Francisco Javier Nóvoa de Manuel (coordinador Máster UDC)
- • Responsable da Calidade en UVIGO: Ana María Cao
- • Representante profesorado UVIGO: Manuel Fernández Veiga
- • Representante profesorado UDC: José Carlos Dafonte Vázquez
- • Representante secretaría académica: Julio Fernández Cid (Posgrao UVIGO)
Colaboradores
- • Empresas colaboradoras e bolsas de empresa. Ligazón directa a Colaboradores do Máster.